Los envíos fuera de Colina salen al siguiente día hábil, y varían entre 1 a 3 días hábiles (Dependiendo de la localidad) - Los envíos fuera de Chile se cancelan posterior a la compra
Esta é a segunda obra de Lucía Domínguez González (A Bola, 1987), unha mestra de pedagoxía terapéutica á que lle apaixona a literatura infantil. Neste libro, O PINTOR DAS BOLBORETAS, coñeceremos a historia dunha bolboreta albina que emprende unha emocionante viaxe na procura das cores máis fermosas existentes sobre a face da terra. Un montón de amigos acompañarana nesta singular aventura na que aprenderá un montón de novas cousas e vivirá unha especialmente moi importante,a do seu primeiro amor.